Festa-Andaina Monte Veciñal de Lantaño 2023

Dende a Comunidade do Monte Veciñal en Man Común de Lantaño querémosvos convidar á nosa Festa-Andaina o domingo 25 de xuño.

Percorreremos camiñando o noso monte e os principais atractivos que ofrece a parroquia de Lantaño, mostrando toda a súa variedade e beleza dende o río Umia ata o monte veciñal. Un camiño cheo de natureza e paisaxes que se complementa con pequenos lugares e antigos pazos que nos van contando, pouquiño a pouco, toda a historia deste fermoso lugar.

Despois da andaina celebraremos a Festa do Monte de Lantaño na ponte do Currucho á que estades invitados todos os veciños. Imprescindible traer ganas de pasalo ben, de compartir, e de paso darnos conta de que coidar o monte é coidarnos a nós mesmos, coidar a casa onde vivimos.💚

Data: 25 de Xuño

ANDAINA LONGA 18-20km (dificultade media-alta)

Reunión de 9:45 a 10:00 no 🅿️ aparcadoiro da 🌊 Praia Fluvial de Lantaño.
Saída ás 10:00, faráse algunha paradiña relax para un petisco.
Chegada ás 15:00 aprox. ao Miradoiro do Outeiro Grande 📸para xantar (provisións propias dos participantes🍌🍏🍐🧇🥗).

ANDAINA CURTA 5,5km (Dificultade media-baixa)

Reunión de 15:30 a 16:00 no Miradoiro do Outeiro Grande e hai dúas opcións.
A) Pódese deixar o coche no 🅿️ aparcadoiro arredor dos depósitos municipais e subir andando ao miradoiro.
B) Subir pola pista de terra que vai polo monte de Romai con coche e deixar o coche na zona habilitada para 🅿️ aparcadoiro no propio miradoiro.
Saída todos xuntos desde o Miradoiro ás 16:00.
Chegada á Ponte Currucho 18:30-19:00

Festa do Monte Veciñal de Lantaño

19:00 Na Ponte Currucho (🅿️ hai aparcadoiro habilitado)

Petiscos galaicos: empanadas, tortillas, fiames, roscas e auga para todos. 🥪🥘🍟
A estes petiscos están convidados todos os veciños de Lantaño e os participantes das andainas.
Todos os veciños que queiran e poidan, que traian algo de viño🍷 para mollar a rosca.

Tamén teremos música co grupo Os Druídas 🎼🎷🎺🎸🪗🎻🪕

E vai haber un posto de rosquillas 🍩 e outro de xelados 🍨🍦

Na medida do posible recoméndase aos participantes organizarse para recoller os coches nos aparcadoiros de partida. Teremos apoio dun todo terreo da Comunidade de Lantaño🚐 e tamén de Protección Civil de Portas.🚒

Ánimo e benvidos á aventura da Andaina Festa do Monte Común de Lantaño‼️

💚COIDAR O MONTE É COIDARNOS 💚

Inscrición

Mapa da Andaina

Entrevista Radio Arosa

Coidando do noso