Praia Fluvial de Lantaño

A Praia Fluvial de Lantaño é unha pequena zona de baño formada polo deposito de area e outros sedimentos na ribeira sul do río formando un fermoso entorno cheo de variedade.

Nalgunhas zonas do cauce fluvial teñen o seu habitat plantas acuáticas como os ranúnculos e nas marxes podemos ver xuncos, espadanas, pallas reais e dentabrús. Completan o conxunto os típicos árbores de ribeira coma salgueiros, ameneiros e freixos.

A praia dispon dunha explanada onde aparcar o coche e varias mesas de pedra onde pasar unha boa tarde.

Coidando do noso