Atopámonos a carón da Depresión Meridiana, unha gran fractura, longa e ancha, que dende Tui chega máis alá de Santiago de Compostela. Este val foi aproveitado dende tempos antigos como ruta natural para unir o norte e o sur de Galicia e por ela descorren a autoestrada do Atlántico, o Camiño de Santiago e anteriormente a Vía XIX do Imperio Romano.
A parroquia está dividida nos lugares de A Aldea Nova, A Pedreira, Almirante, As Cachadas, Baceiro, Cachal, Casal, Fontenla, Paredes, Rial, San Bieito e Torre
Entra a descubrir todos os segredos desta fermosa parroquia que é a porta do Salnés.






