Os montes comunais aparecen en Galicia e Portugal a partir do século VI. Cos suevos, instalase polo noroeste da península o dereito xermánico que contempla a propiedade colectiva, diferente o resto da península donde existía o réxime de propiedade privada consagrado polo dereito romano.
Durante todos estes anos os terreos de propiedade colectiva dáselle o uso que lles era convinte os seus propietarios que era sobre todo agrícola e quedaba a rastroxo aquelas zonas non produtivas. En Galicia estes terreos paran a denominarse “Montes Veciñais en Man Común” e en Portugal “Baldíos”. O Dereito Civil Galego consagra estes terreos como inalienables e a lei está feita para que se manteñan como tal alleos a especulación do solo aínda que a tentación sempre ronda a algúns.
A partir de mediados do século XIX xa consta que aparecen os primeiros apuntes das primeiros cultivos de planta forestal nos terreos veciñais pero a grande transformación aparece co franquismo. Nos primeiros anos do réxime os terreos comunais pasan a ser xestionados polos concellos e cambiase o uso que tiñan os terreos de agrario a repoboación forestal, chegando a transformarse mais de 250.000 Has. Isto fai que haxa unha revolución por parte dos comuneiros e por elo sae en 1968 a primeira lei de Montes Veciñais en Man Comun e a raíz de isto o Estado fai separación entre terreos comunais e terreos privados cos correspondentes expedientes de deslinde (feito por concellos non por parroquias).
En agosto de 1979 procédese no concello de Portas á división dos montes veciñais por parroquias e aparece a carpeta ficha dos Montes Veciñais de Lantaño, pero non é ata o ano 1991 cando se constitúe o seu primeiro órgano de xestión.
A Comunidade de Montes de Lantaño créase en Xuño de 1991, debido principalmente a que por esa data estábase a crear o tramo de autoestrada AP9 Santiago – Pontevedra e aparece a expropiación de terreos de Monte veciñal comunal na parroquia de Lantaño. O 21 de xuño de 1991 apróbanse os estatutos da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Lantaño e aparece a primeira xunta rectora.
Durante os primeiros anos, dende 1991 ata 1999, foron xestionando a comunidade de montes diversas xuntas rectoras. En esta época a rentabilidade do monte era bastante máis elevada que hoxe en día debido a que o prezo da madeira estaba bastante máis elevado (a principios de os anos 90 o precio por tonelada rondaba os 50 € e hoxe en día esta en torno os 30 €).
A pesar de estas condicións favorables non existía ningún tipo de política forestal, os ingresos obtidos pola tala de madeiras apenas se reinvestían no monte e eran destinados a diversas obras que se facian na parroquia, cabe destacar que sobre o 90 % das pistas asfaltadas que temos hoxe en día foron feitas en aquela época e tamén obras de carácter importante como as feitas no cemiterio e campo de fútbol.
En 1999 hai un cambio importante na nosa Comunidade de Montes, porque entra como presidente da comunidade de Montes Xabier Loureiro Enxeñeiro Técnico Forestal. A partir de este momento empezase a mirar a re inversión no monte e fanse as primeiras plantacións de pino, clareos, limpezas, etc. Aínda que en estes anos xa se aprecian indicios da aplicación dunha política forestal, debido as discrepancias existentes entre o presidente e o resto dos membros da xunta rectora, no ano 2003 o presidente Xabier Loureiro decide separarase do resto dos membros da xunta rectora existente e busca un novo equipo que se presenta como candidatura a unas eleccions celebradas do 2003.
En Xuño de 2003 celébranse eleccións onde se presentan duas candidaturas unha de Xabier Loureiro e o seu equipo e outra candidatura con moitos dos membros da xunta rectora existente ata esa data. A parroquia de Lantaño fai unha aposta clara pola liña a seguir no monte veciñal, votan 139 comuneiros dos cales 100 votan a favor da candidatura de Xabier Loureiro e 39 comuneiros a favor da outra candidatura.
A partir do ano 2003 a nova xunta rectora empeza a seguir unha política forestal e reenvirtese parte dos ingresos procedentes da tala de arborado no monte. Un exemplo son as duas cortas que se fan no ano 2004, unha no lugar de Fontenla e outra no lugar de Cachal. No lugar de Fontela optase por subsolado do terreo e plantación en liñas de Pino e Frondosa preto de casas e pista asfaltada e no lugar de Cachal optase por rexenerado natural. Nos dous lugares o resultado foi positivo. Tamén se seguen a facer obras importantes na parroquia cómo foi o ensanche da pista da igrexa, ensanche da pista do Mondoiro ou a creación dun parque infantil no Mondoiro.
No ano 2010 iniciase o proceso de deslinde do monte veciñal con monte veciñais colindantes de outras parroquias e cos propietarios particulares. A medida que se foi facendo o deslinde decídese que o mellor era cortar pino e eucalipto nunha franxa de 5 metros todo polo linde do monto veciñal e plantar despois con frondosa.
A partir de aquí sae a idea dun proxecto para facer unha senda que recorre o monte veciñal todo rodeado por frondosas autóctonas, transformación de algunhas zonas en onde había vertidos de lixo a zonas verdes de lecer para os veciños. O proxecto tamén inclúe a restauración de ponte medieval que cruza o río Umia no lugar do Currucho. Por parte da comunidade de montes de Lantaño faise a restauración de 2/3 de ponte do lado de Lantaño e fírmase un convenio co concello de Caldas de Reis e Comunidade de montes de Saiar en onde se comprometen a finalizar o tramo de ponte que queda pola ribeira que pertence o concello de Caldas de Reis.
No ano 2014 decidimos empezar a facer o Plan de Ordenación Forestal do noso monte. Debido a que na gran maioría do noso monte o que predomina é o piñeiro e o seu desenvolvemento é bastante bo decídese en que siga sendo este a principal especie que queda para explotar, deixando algunhas parcelas con frondosas. Non se deixa ningunha parcela con eucalipto e téndese a radicar as poucas especies que quedan soltas polo monte para a súa ordenación.
Esta é a evolución da nosa Comunidade de Montes e a nosa maneira de traballar pensamos que estamos no camiño de como se deben facer ben as cousas, por iso tratamos de compartilo con outras comunidades, entidades veciñais, entidades públicas, administracións públicas e cidadáns en xeral para poder transmitir o que nos estamos facendo e que nos poidan aportar ideas para mellorar e tratar de seguir no bo camiño do que estamos facendo ou tratar de correxir erros nos que poidamos estar acometendo.
O equipo que estamos na Xunta rectora da Comunidade de Montes dende o ano 2003 apostamos por manter a sostenibilidade do noso Monte veciñal sempre cun total respecto o noso entorno, apostamos sempre por medidas a medio e longo prazo, porque o noso obxectivo é que os nosos fillos e netos herden un monte mellor que o que nos recibimos que nos tempos que corren non é nada fácil.
Apostamos por unha liña de traballo onde a obtención de recursos vaia acorde a conservación do noso patrimonio natural e non contemplamos outra opción que non vaia por esa liña, nestes momentos o noso monte xunto co noso río e o maior tesouro que temos nesta parroquia.