Pazo Torre de Penelas

O Pazo Torre de Penelas está catalogado como patrimonio histórico, Segundo os expertos, a orixe podería datar dos séculos XIV ou XV e podería ser complementario á fortaleza defensiva que os Soutomaior tiñan na zona, e que hoxe está totalmente desaparecida. Esa antigüidade podería estar avalada tamén pola argamasa que une as pedras, formada por conchas de ostras e ameixas, técnica tamén utilizada noutros monumentos como as murallas romanas de Lugo.

A partires do século XVII aparecen as primeiras referencias escritas, que sitúan ao escribán Benito García como morador da «Cassa de Penelas». A falta de herdeiros directos en varios momentos da súa historia fai que fora mudando de nomes. O xa dito García, os Buceta ou os Ponce de León son apelidos ligados á historia deste pazo.

De arquitectura sobria, o pazo intégrano dous edificios e unha torre que une a ambos. Na cara orientada ao nacemento do sol pódese ver un patín cuberto e unha escalinata de acceso, que probablamente sexan dos séculos XVII e XVIII. Conta tamén cos elementos típicos destes pazos medievais co seu hórreo, pombal e unha fermosa capela románica.

O escudo situado na fachada é de forma ovalada e amosa as armas dos Somoza, Boceta de Caamaño, Barba de Figueroa, Torres, Cea e Bazán. O helmo volto cara á esquerda é significado de bastardía. Todo o conxunto aparece decorado con motivos vexetais de clara traza barroca.

Probablemente, o uso continuo nos últimos séculos foi o que o mantén tan ben conservado. Primeiro unha granxa de vacuno e, posteriormente coa consolidación do albariño, unha gran explotación vitivinícola, mantiveron con vida as instalacións. Dende o 2017, o pazo pertenece á familia Torres, unha das máis senlleiras da viticultura mundial. Na súa restauración preservaron o aspecto orixinal do pazo, redecorando con gran gusto o interior.

O viñedo de seis hectáreas ten albariño de entre 12 e 35 anos e busca ofrecer un viño diferente e exclusivo. Na pequena bodega existente no interior do pazo conta con depósitos ovoides de granito galego para a vinificación e crianza dos viños.

Familia Torres elabora eiquí o primeiro viño totalmente en granito, un vino experimental da añada 2018 que fai todo o proceso nestes depósitos de pedra, dende a fermentación ata a crianza posterior, realzando así a singularidade do viñedo, prantado en chans graníticos. Estos depósitos potencian os aromas e mineralidade do viño, gracias á porosidade da pedra que permite unha microoxisenación constante e dotan ao viño de maior untuosidade e volumen na boca pola forma ovoide do depósito, que favorece o movemento do viño no seu interior e mantén as lías en suspensión.

Ademáis de adaptar as técnicas de viticultura, Familia Torres está impulsando a recuperación de variedades de uvas ancestrais que sexan resistentes ás altas temperaturas e á sequía.

Coidando do noso