A Igrexa Parroquial de San Pedro de Lantaño ten a sua orixe nos séculos XII ou XIII, sendo reformada no seu estilo barroco actual en 1693.
Da factura primitica consérvase unha das capelas, a Capela da Expectación, fundada por Don Alvaro Boceta e cuberta cunha bóveda de crucería renacentista con 17 claves de finais do século XVI. Os nervios descansan sobre ménsulas con bustos representando a un papa e a tres arcebispos. Accédese a ela a través dun arco de medio punto. A capela posee dous altares, un deles dedicados a Nosa Señora da O, cun retablo do século XVIII, onde aparece representada a Virxe, baixo o que atopamos un sarcófago coa seguinte inscripción: «EXPECTO dedicado VE NIAT INMU TATIO MEA JOB 14-14», que é moi probable que sexa o lugar onde está enterrado o fundador.
Nun dos altares podemos ver a imaxe de Santa Cecilia, patrona dos músicos e donada pola banda de música Union de Lantaño. O retablo, de estilo barroco, representa a Santo Domingo, Santa Clara e San Francisco tendéndolle os cordóns dos seus hábitos ás animas en pena, para axudalas a elevarse ata o ceo. Sobre a porta de acceso a sancristía vemos unha escultura pétrea do século XVI que representa a un clérigo orando e que probablemente é o fundador da capela.

Nunha esquina do atrio da igrexa está o panteón, que non ten inscripcións nin nengún dato que nos aporte a data da sua construcción.