Aínda que esta páxina está dedicada á parroquia de Lantaño non podemos deixar de falar deste veciño, nacido o 17 de Abril de 1788 en Portadeconde (Santa María de Portas) que creou a Carta Xeométrica de Galicia, o primeiro mapa matemático da historia que non foi mellorado ata un século despóis gracias a tecnoloxía existente.
Domingo Fontán foi un adiantado ao seu tempo e un matemático e xeógrafo eminente. Recorrendo a cabalo os máis recónditos lugares da nosa Galicia fixo un traballo único do que todos debemos estar orgullosos.
Da súa educación os primeiros anos ocupouse seu tío materno, Sebastián Rodríguez Blanco, cura párroco da vila de Noia. A temprana idade comenza a estudiar inglés e frances e aos 12 anos inicia os seus estudios de Filosofía en Santiago obtendo o título de bachiller en 1802 e o de Teoloxía en 1809. En 1813 aisitiu ás clases de Matemáticas que impartía José Rodriguez, que foi o que lle inspirou na idea de facer a triangulación xeodésica de Galicia, base para levantar a sua Carta Xeométrica. Ademáis, con el coñeceu os instrumentos más precisos da época para facer dita tarefa.
En 1816 comeza os traballos preliminares convertindo en estación xeodésica o palomar do Pazo de Sobrecarreira, en Sigrás. Un ano despois fixa a posición xeométrica e astronómica da Torre da Berenguela de Santiago e, a partires de ahí, comeza a súa Carta Xeométrica de Galicia, dividíndoa en duas partes: occidental e oriental.
Non é obxetivo desta páxina profundizar en todo o traballo realizado, xa que hai moitos estudios onde podedes ver todo o proceso. Nin tampouco na faceta política do noso persoeiro, que tamén ocupou parte da sua vida sendo protagonista clave no mantemento da capitalidade da provincia en Pontevedra, ou na empresarial, na que xestionou entre outras a Fábrica de Papel do Castro de Lousame.
Somente decir que, para realizar a súa Carta Xeométrica, Domingo Fontán recorreu leguas e leguas por sendeiros escarpados, tortuosas corredoiras e desertos montes da nosa Galicia. Ía, as máis das veces, montado nun burro e acompañado por dous axudantes, que lle axudaban nas súas medicións. Por elo, os habitantes daquelas aldeas remotas decían que o señor Fontán non precisaba para o seu traballo máis que «uns anteollos, un compás, un sextante, un par de gardas e un burro».
Foi o primeiro mapa feito en España con métodos científicos e medicións matemáticas (medición de bases, triangulación, altimetría barométrica, etc.). Tamén que para cartografiar Galicia aproveitou os avances científicos, provenientes sobre todo de Francia, e desenvolveu unha rede geodésica, establecendo puntos de medición e realizando neles todo tipo de cálculos astronómicos, para os que empregou instrumentos cedidos pola Universidade de Santiago e adquiridos en París e Londres.
Elaborada a escala 1:100.000, nela aparecen localizadas as 4.000 igrexas das parroquias galegas e todos os accidentes xeográficos importantes, alcanzando un nivel de detalle que non foi superado ata a aparición da fotogrametría aérea.
Finaliza a sua carta en 1834 presentándolla á raíña rexente María Cristina de Borbón, nai de Isabel II. No ano 1845 terminouse en París o grabado da Carta Xeométrica de Galicia en doce pedras calizas, que unidas miden 251×232 cm.
Era, ademáis, un gran defensor da virtude das augas medicinais, ás que acudía frecuentemente. Foi precisamente en Cuntis, mentres tomaba as augas debido á cistite que padecía, cando lle chega a morte en 1866. Tiña 78 anos.
Os restos de Fontán reposan, dende o 30 de Decembro de 1988 no Panteon dos Galegos Ilustres sito en el Monasterio de Bonaval en Santiago de Compostela. Domingo Fontán, unha das personalidades fundamentais da Ilustración en Galicia, Profesor de Retórica e Matemáticas, autor do primeiro mapa que en España se fixo cunha perspectiva científica, Deputado a Cortes pola provincia de Pontevedra, un dos percusores do Ferrocarril na nosa terra, Director do Observatorio Astronómico de Madrid, recibiu a meirande distinción que Galicia a través dos seus entes culturais dedícalles ós seus distinguidos fillos.
Links:
- Fundación Domingo Fontán
- https://mapas.xunta.es/visores/basico/ – Visor de mapas onde se pode ver ao completo a Carta Xeométrica de Fontán e comparala cos mapas actuais, creados 150 anos despois coa más alta tecnoloxía.
- La hazaña de Domingo Fontán: un mapa de Galicia del siglo XIX increíblemente exacto
- Carta Xeométrica de Galicia (Wikipedia)
