O máis antigo vestixio de poboadores na parroquia data do Neolítico e atopámolo nunha mámoa existente zona do Castro de Rial. No resto do concello tense noticia de outras dúas (no Liñar e en Porta do Conde).
De tempos máis recentes son unha machada de talón (Idade do Bronce) atopada, xunto con restos de núcleos, no monte da Mourenta no lugar de Casal, grazas aos traballos dos arqueólogos Gil y Casal e de López Cuevillas, aínda que hoxe esta machada está desaparecida.
Nesta época protohistórica comezan despegan os intercambios comerciais marítimos co mundo mediterráneo e atlántico.
A pegada da prehistoria remata co Castro de Rial (Idade do Ferro) situado entre o Rial e o lugar de Piñeiro, xa en Portas. Segundo as notas da Dirección Xeral de Patrimonio trátase dun castro cun só recinto, con defensas naturais de terraplén. No interior obsérvanse restos de muros, anacos de cerámica, de ladrillos e muíños de man. A falta de estudos arqueolóxicos non nos permiten saber máis sobre estos restos. O pobo que habitaba esta zona serían os Cilenos e os seus territorios irían do Lérez ao Umia.
Da época romana non se atoparon restos na parroquia pero si no concello destacando o achado na veciña parroquia de Romai dunha ara votiva cunha inscrición dedicada a un deus galaico.
A primeira referencia ao nome da parroquia de Lantaño fai referencia a un antigo mosteiro beneditino no século X. A mediados do XII pasa a depender do mosteiro da Armenteira e polos escritos sabemos que, xa daquela, era unha zona produtora de viño.
Xunto co mosteiro existía unha ermida de San Bieito do Monte da cal hai referencias entre os séculos XV e XVII debendo ser unha capela importante a que acudían romeiros. A localización desta primeira ermida de San Bieito e o mosteiro non son coñecidas pero apúntase que poderían estar no lugar do Rial, no actual pazo de San Bieito, e que de aí lle veña o nome.
Durante a Edad Media a vida xiraba en torno a eses pazos. A Torre de Penelas, San Bieito e o Pazo do Outeiro nos poñen en perspectiva de como era o día a día neste val de Lantaño.
Frei Martín Sarmiento o 3 de xullo do ano 1754 pasou por Lantaño e fixo as seguintes anotacións:
Portas, feligresia a la derecha la Iglesia. Aquí se registran tres puertas, o entradas para el territorio de Salnés. Yo entré por el medio. A mi izquierda quedaba una entrada entre dos montes: y otra a la derecha, por donde van unidos los dos Ríos Umia y Avermaña, á la Puente Arnélas y Salina. Asi creo que á eso aludió el nombre de Portas.—Almirante, yá en Lantaño. —Outeyro.—Hermita de San Benito.—Lantáño, legua, la Iglesia a la izquierda.—Paredes Hermita de Santo Domingo.—Cachal,–Rasuñade, es de San Juan de Bayon, a donde se pasa por la Barca de Lantaño y queda a la derecha.— Paradela, media legua. Aquí esta la Torre y Castillo de Lantaño, que hoy es del Arzobispo.—San Martiño.—Monte Goulla y Hermandad de San Gregorio, a la izquierda; a la derecha la Iglesia de Paradela.—Pompeán. Aquí la Casa de los Bazanes.—Hermita de Santa Teresa, que es de la Casa de…
A Guerra da Independencia, en 1809, deixou a sua pegada en Lantaño onde os franceses comandados polo xeral Soult castigaron duramente aos veciños que non querían someterse. No libro de defuncións, o párroco anota o seguinte:
“En este presente año de mil ochocientos y nueve, con motivo de las sangrientas guerras que los inhumanos franceses tienen con nuestra España pasaron estos infames a cebar su rabia por todos medios, tomando por uno de ellos la destrución de este Reyno de Galicia, para lo que se han valido de la atrocidad de incendiar los pueblos, iglesias y matar sus havitantes, con particularidad quanto eclesiástico encontrasen. Entre otras muchas parroquias ha tocado a ésta fatal desgracia; pues en la mañana del día 9 de Mayo de dicho año, como perros de rabia han entrado en ella por distintos puntos, poniendo fuego a las casas y frutos, derramando vinos y saqueando quanto havía de ellas, y con tanta ligereza que apenas los vezinos tubieron lugar a reservar su vida, de modo que han muerto muchos, tanto en esta parroquia como en las inmediatas; que en el mismo día han padecido esta ruina, llegando el número de las casas quemadas en esta freguesía a ciento treinta y ocho, poco más o menos, inclusa la Rectoral.