O Monte de Lantaño

Os nosos montes sufriron unha transición. De ser imprescindibles para a nosa vida (fonte de enerxía, alimento e mesmo farmacias naturais) pasaron a considerarse como simples subministradores de madeira.

Na Comunidade de Montes de Lantaño cremos na multifuncionalidade do monte e traballamos por ela. O noso monte achéganos recursos con valor económico directo pero tamén bens e servizos existenciais imprescindibles aínda que imposibles de cuantificar economicamente.

Xera e purifica o aire que respiramos, limpa e depura a auga que bebemos, da corpo as nosas paisaxes, é fogar, refuxio e garante da supervivencia da biodiversidade, achéganos coñecemento e enriquece a nosa cultura.

Tendo en conta esta multifuncionalidade dende a Comunidade de Montes de Lantaño no ano 2012 iniciamos un proxecto de recuperación integral do monte veciñal que busca a compatibilidade de todos estes factores. Retiramos lixo e entullos dos vertedoiros incontrolados, creamos áreas coma a Bouza das Nogueiras, rozamos e recuperamos camiños e plantamos en todo o perímetro árbores frondosas que, entre outros servizos, cumpren a función de devasa verde. Agora o monte tamén ofrece soporte para actividades recreativas e de lecer.

PLAN DE ORDENACIÓN

O Plan de Ordenación Forestal é o instrumento co que xestionamos todos os procesos que se van facendo no monte ao longo do tempo.

O Plan de Ordenación Forestal inclue unha descripción detallada do terreno forestal nos seus aspectos ecológicos, económicos, sociais y legais. É un inventario forestal exhaustivo que permite trazar plans de aproveitamento e explotación de cada parcela no monte a curto e medio prazo, para conseguir un monte ordenado e económicamente viable a longo prazo.

MAPA

Neste mapa podes ver todo o monte comunal de Lantaño e as diferentes zonas.

ZONAS

Novas do Monte

Coidando do noso