Continuando polo Río Umia chegamos ao muiño das Aceñas, un fermoso entorno natural xa na parroquia de Baión. O seu nome proven de «acea», muiño de fariña na beira do río.
Ainda que o muiño está sen restaurar, cando o río ven con forza podemos desfrutar dos saltos de auga que imos atravesando polas pequenas pontes de pedra. Conta ademáis cunha pequena zona de picnic para facer unha parada.
Eiquí finaliza o noso paseo polo Río Umia, que continúa o seu curso por Ponte Arnelas ata chegar á súa desembocadura en Cambados, enchendo de vida a Ría de Arousa.