Capela de San Pedro Mártir

A pequena capela barroca de San Pedro Mártir está situada no lugar do Cachal e foi fundada o 22 de Decembro de 1787 por Don Pedro de Riba Fontán e Dona Alberta Alonso Rei, señores do Pazo dos Buceta Quintáns. A capela só abre o último fin de semana de abril para honrar ao seu patrón, engalanándose o Cruceiro do Culebrón cunha coroa de millo para pedirlle unha boa colleita.

Na parte superior da fachada podemos ver un campanario coroado pola imaxe de Santa Bárbara. Os heredeiros dos antigos donos donaron a capela e o cruceiro ao concello de Portas no 1995, sendo a única capela municipal de toda Galicia, como podemos ver nunha placa de pedra nun dos laterais.

“ CAPELA E CRUCEIRO
DOADOS O CONCELLO DE PORTAS
POLOS HERDEIROS DA FAMILIA
BUCETA QUINTÁNS
POLOS SRES.GÁNDARA GÓMEZ
E DNA.REMEDIOS
JUNQUERA GOMEZ
LANTAÑO 7 ABRIL 1995”

Coidando do noso