Dona Concepción Pérez Iglesias ten o honor de ser a primeira muller alcaldesa de Galicia e a segunda de España, exercendo o cargo dende o ano 1925 ata 1930.
Dona Concha naceu en Santiago de Compostela en 1881, nunha familia de cinco irmáns. Despois de rematar os estudios de Pedagoxía obtén o título de mestra, sendo destinada en 1907 á escola de nenas de Portas, onde traballaba a reo para ensinar a súa clase de 50 alumnas.

En 1908 contrae matrimonio con Amador Méndez, de Godos, transladándose a vivir a Lantaño e fruto de este matrimonio nacerá un único fillo chamado Nemesio.
Xa viuva, levaba Dona Concha 18 anos exercendo o seu labor decente cando se lle propón ser concelleira. Así, o 9 de Xaneiro de 1925 acepta o cargo consciente da responsabilidade á que se ía enfrontar. Responsabilidade que non se quedaría ahí, xa que no mesmo pleno prodúcese a dimisión do alcalde D. Cesáreo Belsol e, despois dun pequeno cambio de impresións, é elexida alcaldesa con seis votos a favor e un en branco, convertíndose así na primeira alcaldesa de Galicia e a segunda de España.
Da acta transcrita dedúcese que o primeiro problema a que se ha de enfrontar a Alcaldesa é: o nomeamento de médico titular, a apertura dos camiños de Portas a Vilavedra de Romai e a apertura do camiño que conduce de Briallos a Portas, esto dános idea do que era o noso municipio. O nomeamento de Dna. Concha como alcaldesa de Portas é celebrado por toda a veciñanza, as bandas de música de Lantaño festéxano con sendas serenatas: primeiro a Banda de Poza, o día 26 e ó día seguinte faino a Banda Popular de Lantaño dirixida polo gran músico e director D. Hermógenes Vila Buceta.
Coincide o período de Alcaldesa de Dna. Concha co momento histórico coñecido como a “Dictadura do Xeneral Primo de Rivera” momento de decadencia do reinado de Alfonso XIII. O 28 de xaneiro de 1930 o Rei retoma as rendas do goberno tambaleante da Nación apoiado polo Xeneral Berenguer poñendo fin ó golpe de estado dado por Primo de Rivera o 13 de setembro de 1923 con consentimento do Rei. Coa volta ó goberno do Rei, os concellos de España réndenlle unha fervorosa homenaxe a Alfonso XIII e a reina Dna. Mª Victoria, o Concello de Portas non dubida en sumarse ó acto e a Alcaldesa acompañada da súa irmá Gumersinda, con tan solo 250 pesetas e a súa placa que a acredita como mestra nacional, diríxense o 23 de xaneiro de 1930 á capital de España para presentar os seus respectos ós Reis. A partir desa volta, os Concellos son reestructurados e cesado o persoal que se atopa ó servicio dos mesmos, polo que a lexislatura de Dna. Concepción Pérez Iglesias abarca os cinco anos que transcorren desde o 9 de xaneiro de 1925 ao 23 de xaneiro de 1930.
Tralo seu cese como primeiro mandatario do noso Concello Dna. Concepción seguirá formando xeracións, ata o seu traslado definitivo á Escola Nacional de Guadalupe en Santiago onde exercerá ata os últimos anos da súa vida profesional.
Ós 58 años, afectada dunha vellez prematura, falece na súa casa de Lantaño, no lugar de San Bieito, parroquia de Lantaño onde abundan os pazos e escasea a industria, lugar tan fermoso que lle cativou para sempre esquecendo o seu histórico Santiago natal. O seu enterro ten lugar o 12 de decembro de 1939 no cemiterio parroquial de Lantaño.
O seu fillo D. Nemesio Méndez Pérez seguirá os pasos da súa mai, estudando Maxisterio e sendo alcalde do Concello de Portas entre os anos 1952 ó 1960.
Dende o 2016 o Concello de Portas celebra no seu honor a Festa da Dona, onde se pon en valor ás mulleres que, como Dona Concha, destacaron nalgunha faceta da sua vida.
Artigo de “La Voz de Galicia”. Xoves, 15 de xaneiro de 1925
FEMINISMO EN ACCIÓN: LA PRIMERA MUJER GALLEGA, ALCALDE
En nuestra sección telefónica recogimos hace días la noticia de que el Gobernados civil de Pontevedra, designó para ocupar la alcaldía del Ayuntamiento de Portas a la culta maestra nacional, doña Concepción Pérez Iglesias.
Es el primer caso en Galicia de una mujer elevada a la magistratura popular por virtud del Estatuto Municipal que concédela bello sexo el derecho a tomar parte de las elecciones para el desempeño de cargos políticos y también a ocuparlos.
Este privilegio que concede a las mujeres el profuso y difuso mamotreto del Sr. Calvo Sotelo tiene acaso más posibilidades de aplicación en Galicia que en ninguna otra región española, pues reúne la mujer gallega, excepcionales cualidades de carácter para intervenir en la vida pública y de hecho viene siendo en muchas comarcas factor importantísimo de ella, que si no actúa de forma directa lo hace indirecta pero activamente, influenciando, con sus prédicas, homilías y eficaces consejos, la voluntad masculina.
Por otra parte la mujer gallega ha dado positivas pruebas del tacto, prudencia y talento administrativo, rigiendo y sustentando el hogar allí donde el hombre falta, con tanta o mayor energía y acierto que éste. Algunas de las viudas de vivos, que tanto cantó Rosalía, sabían unir a la natural ternura de la feminidad, sin empañarla, la pujanza briosa, la capacidad de trabajo y el valeroso esfuerzo peculiares del sexo opuesto. ¿Por qué no han de estar capacitadas, pues, para la dirección de los negocios públicos quienes en la regencia de los particulares destacan tan acusadamente su valía?
En todas las actividades humanas ha sido Galicia rica en mujeres de mérito excepcional. ¿Por qué no han de serlo también en el aspecto político y administrativo, para el que acaso reúnen dotes más apropiados que para las ciencias o literatura?.
Lejos de nosotros la sonrisa escéptica ante la elevación de la mujer a los puestos públicos. No sabemos lo que en otras regiones españolas ocurrirá, pero de la intervención de la mujer gallega en la vida de las Corporaciones Municipales, esperamos confiadamente, óptimos resultados que a algunos causarán extrañeza pero que a nosotros no han de sorprendernos.
Primeiras alcaldesas de España
27/10/1924 Matilde Pérez Molla – Cuatretondeta (Alicante)
09/01/1925 Concepción Pérez Iglesias – Portas (Pontevedra)
1925 Petra Montoro Romero – Sorihuela del Guadalimar (Jaén)
1926 Benita Mendiola – Bolaños de Campos (Valladolid)
1927 Dolores Codina – El Talladell (Lleida)