Cruceiro do Culebrón

O cruceiro do Culebrón, o máis grande de todo o concello, data posiblemente da misma época que a Igrexa de San Pedro Mártir. Sobre unha plataforma escalonada, destaca pola sua gran beleza e a figura dunha serpe ou lagarto cunha gran cabeza no varal, representando o diaño no Pecado Orixinal, o que da lugar ao seu nome. No outro lado do varal, as figuras de Adán e Evas espidas.

A cruz é de sección cilíndrica e simila as polas dunha árbore, sobre un capitel rícamente ornamentado. No anverso podemos ver a figura de Cristo crucificado e San Francisco recollendo a sangue. No reverso, a figura da Virxe do Socorro co neno espido, coroada por dous ánxeles, e pisando ao demonio.

Nas festas en honor de San Pedro Mártir, engalánase cunha coroa de millo para pedir por unha boa colleita.

Coidando do noso