Co paso do tempo a humanidade foi organizando os distintos usos do solo optimizando o aproveitamento das condicións naturais de cada espazo. As zonas baixas, con terras máis produtivas polas achegas de sedimento do río, son as zonas preferentes de cultivo para consumo. As ladeiras dedícanse ao aproveitamento forestal e no centro, onde a altitude intermedia propicia que as condicións de humidade e temperatura sexan máis estables ao longo do ano, localízanse as aldeas e vilas.
Como todos os elementos vivos as paisaxes tamén cambian e evolucionan co tempo. A ordenación deste territorio como o podemos ver hoxe e o resultado de séculos de interacción, non sempre amable, entre a humanidade e a natureza.
O amplo val no que se asenta Lantaño, compartido coa parroquia de Godos (Caldas de Reis) ao outro lado do río, permite un cultivo intensivo e moi produtivo. Nas terras que estaban preto do río plantábase millo, garavanzos, trigo, centeo, avea e patacas. Na actualidade so se planta millo, garavanzos e patacas.
