O que era unha andaina converteuse na festa do monte de Lantaño onde non se esqueceu o respecto polo medioambiente.
Nenos, maiores e mediana idade disfutaron a tope onte das dúas andainas Monte Lantaño-Río Umia organizadas pola Comunidade de Montes de Lantaño. As saídas foron as 11:00 e as 15:00 respectivamente segundo a lonxitude e dificultade, 19km e 5,5km para chegaren simultáneamente á ponte Currucho ás 17:30. Alí servironse uns pinchos para todos os veciños da parroquia e asistentes a andaina.
Como non podía ser doutra maneira, os lugares que máis gustaron e máis valorados polos asistentes foron o Mirador de Outeiro Grande, Balcón de Cachal e Area de lecer Ponte Currucho, onde a Comunidade de Montes de Lantaño está a acometer as obras de restauración da ponte.
O muíño de Ponte d’Afonso, a ponte das Aceas, a Lagoa do Sabugueiro, A Lagareta, a fonte das Lebres, o Mirador de Almirante foron outros dos
lugares visitados.
Non faltaron xogos de orientación para os nenos que foron descubrindo tesouros en algún dos lugares. Valorizar e achegar o monte a poboación local e comuneiros era o principal obxectivo, preténdese que mude a forma de ver o monte, que se lle teña máis estima e nos deamos conta dos valores, todos eles positivos, que cara a nosa vida cotiá teñen, porque coidar o monte é coidarnos a nós mesmos, é coidar a casa onde vivimos.
Como colofón da xornada tomaronse us refrescos, uns pinchos e uns viños do país de colleiteiros da parroquia, tamén se realizaron uns sorteos de agasallos entre os asistentes.
Máis datos:
Comuneiros e veciños asistentes: 137. resto de asistentes 101.
Baixas durante o recorrido: 0
Percorrido longo: cota mínima 8 metros sobre o nivel do mar, cota máxima 210m.
Percorrido longo: cota máxima 199m desde Outeiro Grande, cota mínima 16 metros sobre o nivel do mar en Ponte Currucho.
Asistentes: Maiores de 12 anos: 210, Nenos menores de 12 anos: 28.