Archivo de la categoría: Roteiro

Veciños de Lantaño optan por concienciar plantando unha veintena de árbores

Varias decenas de veciños participaron nunha actividade divulgativa e de concienciación medioambiental celebrada este venres.

«Coñecer é respetar, coñecer é protexer, coñecer é querer». Este lema resume a filosofía do labor que levan a cabo os responsables da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Lantaño (Portas) desde a súa posta en marcha, no ano 1991, e proxectouse nunha actividade celebrada durante a tarde deste venres.

Ao redor de tres decenas de veciños, de idades comprendidas entre seis e sesenta anos, reuníronse en O Cachal, á altura do depósito de auga para desprazarse a un piñeiral onde realizaron recentemente un traballo de rareo, e encamiñarse despois a unha zona onde puideron observar especies en perigo de extinción, e que tratan de salvagardar, como píntegas ou fento macho.

Outro dos lugares visitados foi Outeiro Grande, o terceiro punto do percorrido. Neste emprazamento, poboado por carballos e loureiro, puideron observar a poda levada a cabo e traballar, xa que era o emprazamento elixido polos promotores da camiñada didáctica para realizar unha plantación árbores, na que se implicaron os participantes, e desde este venres no monte de Lantaño crecen unha vintena de novos exemplares.

Esta experiencia non é un acontecemento illado, senón que forma parte dun programa que a directiva presidida por Alfonso Castiñeiras leva a cabo de forma regular para mostrar o labor que realiza e fomentar a concienciación ambiental.

https://www.diariodepontevedra.es/articulo/caldas-deza/vecinos-lantano-plantan-veintena-arboles-monte/202103201349571132571.html

II Andaina popular «Coñezamos o noso monte»

O que era unha andaina converteuse na festa do monte de Lantaño onde non se esqueceu o respecto polo medioambiente.
Nenos, maiores e mediana idade disfutaron a tope onte das dúas andainas Monte Lantaño-Río Umia organizadas pola Comunidade de Montes de Lantaño. As saídas foron as 11:00 e as 15:00 respectivamente segundo a lonxitude e dificultade, 19km e 5,5km para chegaren simultáneamente á ponte Currucho ás 17:30. Alí servironse uns pinchos para todos os veciños da parroquia e asistentes a andaina.

Como non podía ser doutra maneira, os lugares que máis gustaron e máis valorados polos asistentes foron o Mirador de Outeiro Grande, Balcón de Cachal e Area de lecer Ponte Currucho, onde a Comunidade de Montes de Lantaño está a acometer as obras de restauración da ponte.

O muíño de Ponte d’Afonso, a ponte das Aceas, a Lagoa do Sabugueiro, A Lagareta, a fonte das Lebres, o Mirador de Almirante foron outros dos
lugares visitados.

Non faltaron xogos de orientación para os nenos que foron descubrindo tesouros en algún dos lugares. Valorizar e achegar o monte a poboación local e comuneiros era o principal obxectivo, preténdese que mude a forma de ver o monte, que se lle teña máis estima e nos deamos conta dos valores, todos eles positivos, que cara a nosa vida cotiá teñen, porque coidar o monte é coidarnos a nós mesmos, é coidar a casa onde vivimos.

Como colofón da xornada tomaronse us refrescos, uns pinchos e uns viños do país de colleiteiros da parroquia, tamén se realizaron uns sorteos de agasallos entre os asistentes.

Máis datos:
Comuneiros e veciños asistentes: 137. resto de asistentes 101.
Baixas durante o recorrido: 0
Percorrido longo: cota mínima 8 metros sobre o nivel do mar, cota máxima 210m.
Percorrido longo: cota máxima 199m desde Outeiro Grande, cota mínima 16 metros sobre o nivel do mar en Ponte Currucho.
Asistentes: Maiores de 12 anos: 210, Nenos menores de 12 anos: 28.