Todas las entradas de: CMVMC de Lantaño

Modelo Alegaciones Circunvalación de Caldas y acceso al Puerto de Vilagarcía

No arquivo adxunto envíase un DOCUMENTO de ALEGACIÓNS ao proxecto de variantes desde o Porto de Vilagarcía-Caldas de Reis.

http://montesdelantano.com/wp-content/uploads/2025/08/DOC-20250819-WA0010..pdf

Fíxose conxugando os intereses de prácticamente todos os potencialmente afectados por este proxecto.
Faise un chamamento á unidade e pénsase que cantas máis se presenten na mesma liña, máis probabilidade de que as teñan en conta.

QUEN PODE ASINAR?
calquera persoa maior de idade. Cada persoa, cada membro dunha familia, cada membro dunha asociación, todo o mundo podería asinar este documento de xeito individual. Non ten porque estar empadroado en Caldas ou Portas, xa que calquera pode ser usuario destes viais futuros e presentes.

ONDE ENTREGAR E REXISTRAR?
En calquera destes lugares.

  • Rexistro de portelo único dun concello.
  • Subdelegación do goberno.
  • Administración de organismos públicos oficiais que teñan rexistro de portelo único.
  • Oficinas de correos.
  • Sede electrónica.

DATA LÍMITE PARA REXISTRAR 01 DE SETEMBRO DE 2025

Para difundir a todos os interesados

A Comunidade de Montes de Lantaño solicita ao concello de Portas varias melloras para a parroquia

Onte, día 18 de Xuño de 2024 tivo lugar o pleno municipal onde se levaron varias peticións consensuadas polos veciños de Lantaño a través da Comunidade de Montes.

Eiquí podedes ver a participación de Xabier Loureiro pola Comunidade de Montes de Lantaño e a votación final que foi NEGATIVA a estas melloras (PP en contra, PSOE e BNG a favor, ningunha abstención).

Podedes ver o pleno completo na web do concello

Veciños de Lantaño optan por concienciar plantando unha veintena de árbores

Varias decenas de veciños participaron nunha actividade divulgativa e de concienciación medioambiental celebrada este venres.

«Coñecer é respetar, coñecer é protexer, coñecer é querer». Este lema resume a filosofía do labor que levan a cabo os responsables da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Lantaño (Portas) desde a súa posta en marcha, no ano 1991, e proxectouse nunha actividade celebrada durante a tarde deste venres.

Ao redor de tres decenas de veciños, de idades comprendidas entre seis e sesenta anos, reuníronse en O Cachal, á altura do depósito de auga para desprazarse a un piñeiral onde realizaron recentemente un traballo de rareo, e encamiñarse despois a unha zona onde puideron observar especies en perigo de extinción, e que tratan de salvagardar, como píntegas ou fento macho.

Outro dos lugares visitados foi Outeiro Grande, o terceiro punto do percorrido. Neste emprazamento, poboado por carballos e loureiro, puideron observar a poda levada a cabo e traballar, xa que era o emprazamento elixido polos promotores da camiñada didáctica para realizar unha plantación árbores, na que se implicaron os participantes, e desde este venres no monte de Lantaño crecen unha vintena de novos exemplares.

Esta experiencia non é un acontecemento illado, senón que forma parte dun programa que a directiva presidida por Alfonso Castiñeiras leva a cabo de forma regular para mostrar o labor que realiza e fomentar a concienciación ambiental.

https://www.diariodepontevedra.es/articulo/caldas-deza/vecinos-lantano-plantan-veintena-arboles-monte/202103201349571132571.html

Asamblea Xeral Extraordinaria

Celebrada a ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA , o día 24 FEBREIRO de 2019 no “Centro Cultural Candelas”, ás 11:45 horas en segunda convocatoria, coa seguinte Orde do Día:

1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea anterior.
2.- Actualización e aprobación da listaxe de comuneiros. (xúntase copia)
3.- Actualización e aprobación, se procede, do estado de contas. (xúntase copia)
4.- Elección de Nova Xunta Rectora.
5.- Comunicacións e información sobre varias xestións realizadas:
• Traballos executados e pendentes de executar no monte veciñal
• Situación co Concello sobre propiedade de terreos do Mondoiro.
• Situación deslindes con montes veciñais colindantes
6.- Rogos e preguntas.

No punto número 4, de elección da nova Xunta Rectora, só se presenta a candidatura encabezada por José Alfonso Castiñeiras Abal, que se aproba por unanimidade.

Convocatoria de Asamblea Xeral Extraordinaria da C.M.V.M.C de Lantaño

O Presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Lantaño, convoca a tódolos comuneiros desta, para asistir e celebrar unha ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA, o día 24 FEBREIRO de 2019 no “Centro Cultural Candelas”, ás 9:45 horas en primeira convocatoria, e de non haber quorum suficiente ás 11:45 horas en segunda convocatoria, coa seguinte Orde do Día:

1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea anterior.
2.- Actualización e aprobación da listaxe de comuneiros. (xúntase copia)
3.- Actualización e aprobación, se procede, do estado de contas. (xúntase copia)
4.- Elección de Nova Xunta Rectora.
5.- Comunicacións e información sobre varias xestións realizadas:
• Traballos executados e pendentes de executar no monte veciñal
• Situación co Concello sobre propiedade de terreos do Mondoiro.
• Situación deslindes con montes veciñais colindantes
6.- Rogos e preguntas.

Lantaño, 16 de Febreiro de 2019.

O presidente: José Alfonso Castiñeiras Abal

Convocatoria eleccións e proceso electoral

O Presidente da Comunidade de Montes de Lantaño CONVOCA ELECCIÓNS para XUNTA RECTORA e comunica o proceso electoral.

Ao abeiro do establecido na LEI 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, na Lei de Montes Veciñais, e no seu Regulamento e nos Estatutos da propia Comunidade de Montes, convócase a elección de Xunta Rectora desta Comunidade adoptando o seguinte protocolo.

1º.- 31 de xaneiro de 2019.

Entrega a tódolos comuneiros desta convocatoria e do censo de comuneiros actual.

Apertura do prazo de presentación ante o presidente da Comunidade de Montes de candidaturas para a Xunta Rectora da C.M.V.M.C. de Lantaño (tlf. Contacto 646867726).

Comunicación do censo de comuneiros actual e apertura de prazo de reclamacións.

2º.- 15 de febreiro de 2019.

  • 19:30 horas. Finalización do prazo para presentación de candidaturas no domicilio do presidente. (teléfono de contacto 646867726).
  • 19:30 horas. Finalización do prazo para presentación de reclamacións do censo de comuneiros no domicilio do presidente. (teléfono de contacto 646867726).
  • 20:00 horas. Sinatura polo presidente da Convocatoria de Asemblea Xeral para o día 24 de febreiro de 2019.

3º.- 16 de febreiro de 2019.

  • Entrega a tódolos comuneiros da información sobre candidaturas presentadas, e da convocatoria de Asemblea Xeral, na cal se realizará a eleccción da nova Xunta Rectora.

4º.- 24 de febreiro de 2019.

  • Celebración da Asemblea Xeral na que se realizará a elección e proclamación da nova Xunta Rectora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Lantaño.

Lantaño, 30 de xaneiro de 2019.

Asinado: O Presidente
José Alfonso Castiñeiras Abal.