Desde a Xunta Rectora da Comunidade de Montes de Lantaño sentímonos con moita tristeza e impotencia ao ver as condicións nas que se atopan nestes momentos as instalacións do campo de Fútbol e da Pista de Tenis do Mondoiro. Tristeza e impotencia cando temos unha cita no día de hoxe ás 11 e 30 horas concertada co Alcalde para reunirnos o equipo de Goberno e Xunta Rectora e non aparece ninguén por parte do equipo do goberno, chamando ao Alcalde e decíndonos que se lle tiña olvidado e que agora estaba lonxe e non nos podía atender. Quedamos plantados 14 membros da xunta rectora que dispoñeramos da nosa mañá do domingo para tratar ese tema. Tristeza e impotencia porque para a Comunidade de Montes de Lantaño é un tema de prioridade importante e para o Concello é pouco ou nada importante, porque as cousas importantes non se soen olvidar.
As obras de ditas instalacións iniciáronse alá polo ano 1983 e foron realizadas con man de obra gratuíta por parte dos veciños de Lantaño. Neses momentos non existía o ente da Comunidade de Montes de Lantaño pero desde que se constituíu no ano 1991 a Comunidade de Montes invertiu moitos cartos nestas instalacións: pintura para locais, obras en aseos e servizos de vestiarios e de uso xeral, materiais para o equipo de fútbol, colocación e instalación de alumeado no campo de fútbol e pista de tenis, etc…
Polo ano 1998, o equipo de fútbol de Lantaño desaparece e a Asociación Deportiva Lantaño segue coa continuación no uso das instalacións, sendo utilizada por un par de equipos de veteranos aos cales se lles prestan as ditas instalacións.
A partir do 2002-2003 aparece un interés polos veciños en ver que se fai con esas instalacións. Varios veciños maiores dinnos que eses terreos sempre pertenceron ao monte veciñal, que a comunidade de montes debería de tratar de tomar posesión deses terreos e despois dun proceso de investigación e ver que incluso aparecen documentos privados de fincas colindantes onde especifican que lindan con monte veciñal, decídese en decembro de 2003 a solicitude ao Xurado Provincial de Montes a súa clasificación como monte veciñal.
Despois dun proceso contencioso-administrativo, o 31 de agosto de 2006 publícase no DOG a clasificación de ditos terreos como monte veciñal a favor da Comunidade de Montes Veciñais de Lantaño por parte do Xurado provincial de Montes. Contra ese proceso, o Concello de Portas e o seu anterior alcalde, Roberto Vázquez, toman accións xudiciais.

En xuño de 2009 aparece unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza do Contecioso Administrativo da Coruña, onde di que non se poden clasificar os terreos como Monte Veciñal debido ao uso que se lles está dando neses momentos e non especifica a titularidade da propiedade dos terreos en cuestión.
No ano 2014, nunha asamblea xeral decídese volver a iniciar o proceso para retomar a titularidade dos terreos do Mondoiro a favor da Comunidade de Montes, chegando a tomar accións legais se fose necesario.
En Xuño de 2015 entra un novo goberno no Concello de Portas, con Víctor Estévez como alcalde, quen prometera na súa campaña electoral que no saco de chegar ao goberno municipal, o concello non ía interferir no proceso de regularización desa parcela a favor da nosa comunidade.
Téñense varias reunións co novo equipo de goberno para poder conseguir a titularidade dos mencionados terreos: en xuño de 2015, unha reunión; en outubro de 2015, outra reunión, nas que se nos di que se vai a tratar o tema pero neses momentos teñen temas moi urxentes e tratarase o proceso máis tarde.
Máis adiante fanse varias chamadas telefónicas nas cales non se nos concreta nada.
O día 12 de febreiro de 2017 concértase unha reunión ás 11 e 30 horas da mañá entre a Xunta Rectora da Comunidade de Montes e o goberno do Concello.

dav 









